Moitas grazas por visitares a web de decorazul e por te interesares nos meus servizos. Se estás a pensar en traballar comigo, convídote a ler con atención a seguinte Política de Contratación. Nela recóllese toda a información que necesitas saber sobre a contratación dos meus servizos, os métodos de pagamento e a forma de facturación.
Esforceime por mostrar toda a información de forma clara e totalmente transparente, pero se tiveses calquera dúbida sobre o proceso, sempre podes escribirme a info@decorazul.com
Sabela Liñeira Mosqueira (en diante, decorazul) ofrece os servizos que se detallan na páxina «Servizos»: trátase de servizos de interiorismo online para negocios e para vivendas.
Entenderase por CLIENTE a persoa que contrate ou desexe contratar un dos servizos anteriormente citados ou propor proxectos personalizados para a súa realización. Así mesmo, en todo momento, decorazul resérvase o dereito a rexeitar o proxecto ou a execución do servizo. En calquera dos casos, o Cliente será notificado debidamente por correo electrónico ou por vía telefónica.
A continuación son explicitadas as condicións xerais da contratación. Mediante a contratación de produtos ou servizos dispoñibles en decorazul, o CLIENTE acepta expresamente todas as cláusulas destas condicións xerais de contratación, así como de todas aquelas condicións particulares recollidas para a contratación de determinados produtos ou servizos dispoñibles na Plataforma. En caso de non aceptar algunha das citadas cláusulas, o Cliente deberá absterse de contratar produtos ou servizos.
Para expresar o seu desexo de contratar calquera dos servizos que se ofertan na Web ou para propor un proxecto á medida, o CLIENTE debe porse en contacto con decorazul marcando unha data para unha reunión virtual a través desta ligazón ou escribindo un e-mail a info@decorazul.com
No devandito e-mail deberá indicarse o servizo que se quere contratar ou as necesidades para as que se require a súa contratación. Como todos os servizos son proxectos a medida, é imprescindible que o CLIENTE sexa o máis específico posible ao indicar as súas necesidades e a idea que teñen en mente, detallando todo aquilo que considere de importancia para que, no caso de aceptar o proxecto, decorazul poida redactar unha proposta comercial adecuada e elaborar un orzamento.
Este paso pode substituírse ou complementarse, solicitando unha sesión online gratuíta.
Pola súa parte, decorazul comprométese a contestar a este primeiro contacto do CLIENTE nun período máximo de 48 horas. O fin desta resposta será concretar unha primeira reunión por chamada ou vídeo-conferencia a través das plataformas Skype ou Zoom. O obxectivo desta reunión será coñecer máis as necesidades do CLIENTE e expor as mellores opcións para facilitar o servizo ou para a execución do proxecto.
Unha vez levada a cabo a primeira reunión, decorazul enviará, nun prazo máximo de 72 horas, un informe redactado que conterá:
O CLIENTE terá un prazo de 14 días naturais para revisar o documento e propor cambios ou axustes. Pasado este prazo, decorazul non se compromete a manter as condicións aplicadas na proposta (sobre todo se se aplica algún tipo de oferta ou desconto). No caso de que, pasados os 14 días, o CLIENTE queira solicitar de novo o servizo, debería comezar o proceso de contratación detallado no punto 3.1 da presente Política.
No caso de que haxa que reaxustar a proposta, sempre dentro do prazo anteriormente citado, decorazul remitirá unha nova proposta comercial actualizada, no prazo máximo de 72 horas.
No momento no que o CLIENTE revise o documento e acepte o orzamento, deberá pagar o 50% do prezo acordado por adiantado, e o restante 50% xusto antes da entrega, a través de transferencia bancaria.
IMPORTANTE: Un atraso no pagamento por parte do CLIENTE pode supor que decorazul atrase o inicio ou suspenda os seus servizos parcial ou totalmente ata que os pagos se efectúen.
No caso de que se trate dun proxecto con data de entrega, seguiranse os prazos acordados no documento previo. Pódese contemplar a opción de abonar o primeiro 50% do importe ao principio e o 50% xusto antes da entrega final.
Para contratar calquera servizo decorazul é indispensable proporcionar toda a información correspondente á solicitude, completando o formulario de preguntas do chamado Briefing. Iniciaranse os traballos cando estea completa toda a información, en especial en servizos para negocios.
Ser CLIENTE de decorazul, dá dereito a reservar 3 horas de reunión semanal cando se requira, a condición de que se solicite a través de e-mail. Tamén através de Whatsapp ou chamada sempre que fose necesario. Se non hai ningunha hora fixada decorazul porase en contacto canto antes para aclarar calquera dúbida de execución de obra.
Algúns dos servizos de decorazul requirirán de, polo menos, unha reunión fixa ao mes para investigación, preguntas, presentación, axustes e formulación de dúbidas.
Ademais, os servizos de decorazul inclúen soporte constante e atención ao CLIENTE vía e-mail.
Os pagamentos deberán realizarse a través de transferencia bancaria. Será tarefa de decorazul facilitar vía e-mail todos os datos da conta bancaria necesarios para realizar a transferencia, así como o concepto da mesma.
Todos os impostos e cargos da contratación do servizo indicaranse de forma totalmente clara e transparente antes de que o CLIENTE teña que realizar calquera pagamento. Unha vez efectuado este, decorazul procederá ao envío da factura.
Na devandita factura, incluiranse todos os impostos correspondentes.
O CLIENTE terá a posibilidade de cancelar a contratación dos servizos, proxectos ou infoprodutos, tendo en conta o seguinte:
En virtude do establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), ofrécese a seguinte información:
A Comisión Europea creou a primeira plataforma europea para a resolución de conflitos no comercio online amparada na última lei do consumidor. Neste sentido, como responsables dunha plataforma de venda online, temos o deber de informar os nosos usuarios sobre a existencia dunha plataforma online de resolución alternativa de conflitos.
Para recorrer á plataforma de resolución de conflitos, o usuario debe utilizar a seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/odr
Sabela Liñeira Mosqueira é titular de todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da páxina decorazul.gal, ben como dos elementos contidos na mesma, entre os que se atopan os infoprodutos descargables na web.
En ningún caso decorazul é responsable fronte a calquera incumprimento do contrato que se produza pola banda do CLIENTE ou ao visitante do sitio web, neglixencia respecto ao sitio, ao produto enviado, o servizo ou calquera contido, por calquera perda beneficios, perda de uso, ou os danos reais, especiais, indirectos, incidentais, punitivos ou consecuentes de calquera tipo derivados do mal uso das ferramentas fornecidas por parte do CLIENTE ou do visitante do sitio.
A única responsabilidade de decorazul será fornecer o servizo nos termos e condicións expresados na presente política de contratación. Polo tanto, decorazul non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse do uso indebido dos produtos ou servizos fornecidos. Tampouco responderá pola falta de cumprimento dos obxectivos propostos, xa que se trata dun servizo de asesoramento externo suxeito a múltiples variables. Tampouco responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo derivada de atrasos de obra que puidesen derivarse de atrasos de envío de información e datos necesarios por parte do CLIENTE para a realización da investigación do proxecto, marca ou deseño web.
O idioma en que se celebrará o contrato entre decorazul e o CLIENTE será o galego ou castelán.
Ten carácter confidencial toda a información e documentación utilizada durante a contratación, desenvolvemento e execución dos servizos de implementación que regulan as relacións entre decorazul e o CLIENTE.
Toda información recibida por parte do CLIENTE, xa sexan imaxes, correos, textos, datos de acceso (como usuarios e contrasinais), trataranse de modo confidencial, estando totalmente prohibida a cesión a terceiros.
Non se entenderá información confidencial aquela que sexa divulgada por acordo entre as partes, aquela que se torne en pública por igual motivo ou aquela que teña de ser revelada de acordo coas leis ou cunha resolución xudicial de autoridade competente e aquela que sexa obtida por un terceiro que non se atope baixo a obrigación de confidencialidade algunha. Ambas as partes obríganse a cumprir o deber de confidencialidade de maneira indefinida.