fbpx

Como é o local dos teus soños?

Sabes ese momento no que toca o timbre, ergues a vista e entra alguén que olla para todas as partes con abraio? Sente un non sei que polo corpo e ti sabes que atinaches. Iso é o que quero que academos.

Falemos do proxecto de local e vexamos como darlle máis rendibilidade á galega.

Podes cubrir o formulario ou escribirme directamente a info@decorazul.gal.

Responderei nun máximo de 48 horas laborables.

E se cadra estaste a preguntar...

O informe de proxecto trata todo o relativo ao cambio de imaxe: o deseño, como é a obra (se hai), os materiais, o mobiliario etc.

Calcúlase o investimento total, no que o traballo de interiorismo é unha pequena parte (por volta do 5%).

Non. Mentres se leva a cabo a reforma, participo resolvendo as túas dúbidas e clarificándolles detalles aos reformistas, mais es ti quen debe mirar polo seu desenvolvemento e confirmar queseguen a planificación.

A asistencia técnica durante a reforma é un recomendable servizo extra. Controlarei a calidade e que a obra sexa fiel ao proxectado, e axudarei a resolver os imprevistos.

Acostumo colaborar con profesionais que che podo recomendar (carpintaría, albanelaría, fontanaría…).

Inclúo os seus orzamentos no proxecto e, se os contratas, a tarifa total xa abrangue a miña asistencia técnica na obra.

Se prefires buscar os teus propios profesionais, a miña asistencia técnica na obra non está incluída e, se desexas contratala, tarífase a maiores.

Todo, dende o deseño ata o último elemento decorativo, pasando polo custo da reforma.

Cada caso é único e personalizado, polo que non hai un prezo estándar. No deseño, tes tres opcións:

  1. Lavado de cara, dende 50 €/m2
  2. Reforma por partes, dende 55 €/m2
  3. Reforma integral, dende 65 €/m2

 

A iso hai que engadirlle o custo da obra, os materiais, o mobiliario e os elementos decorativos.

Vai depender do tamaño e a complexidade do teu caso, pero a creación do deseño adoita demorar unhas 3-5 semanas.
 
O ideal é que o proxecto comece canto antes e recoméndoche non agardar máis de 6-12 meses. De aí en adiante, a duración da obra vai depender da súa magnitude.
Non, esa documentación non fai parte do proxecto.

Antes de calquera obra que queiras facer e antes de contactar as empresas de reformas.

Podemos ver se a túa idea é útil para captares clientela. ¡Ollo! Algo que che pareza bonito a ti pode non significar nada para outras persoas.

Despois, podo axudarche a crealo. «Amasarémolo» para convertelo nun interiorismo útil e rendible.

Boa pregunta. É para o teu negocio se:

  • Ofreces un produto/servizo de boa calidade.
  • Te esforzas por coidar dos teus clientes e persoal empregado.
  • Comprendes que o interiorismo é unha ferramenta de marketing, venda e satisfacción.
  • Aceptas responder preguntas complexas e colaborar activamente no proceso.
  • Defendes valores de sustentabilidade e respecto ambiental e cultural

Si, terás que colaborar na fase de documentación. Non fago un interiorismo de copiar e colar. Teño que aprendelo todo sobre a túa empresa, produtos e clientela. Sen esa información, non podo crear o teu proxecto.

A filosofía decorazul poderíase aplicar para crear vivendas máis confortables e persoais, pero céntrome en negocios.

Estes poden ser locais comerciais (tendas, restaurantes, bares), oficinas e despachos, hoteis… En definitiva, calquera espazo de traballo onde se queira aumentar a rendibilidade económica, potenciar a imaxe de marca ou mellorar a calidade de vida do cadro de persoal.

É tan doado coma que mo preguntes. ¡Escríbeme e resolvemos a dúbida!

Asesoría gratuíta
Solicitar asesoría gratuíta
Decorazul
Ola, son Sabela. Escribe aquí a túa consulta e respondereiche de 9:00 a 19:00 h. En que podo axudarche?