fbpx

Preguntas frecuentes
(FAQs)

Tras case 20 anos de experiencia, estas son as preguntas e obxeccións máis recorrentes. Se tes calquera outra, podes consultarme sen compromiso.

O informe de proxecto trata todo o relativo ao cambio de imaxe: o deseño, como é a obra (se hai), os materiais, o mobiliario etc. Calcúlase o investimento total, no que o traballo de interiorismo é unha pequena parte (por volta do 5%).

Non. Mentres se leva a cabo a reforma, participo resolvendo as túas dúbidas e clarificándolles detalles aos reformistas, mais es ti quen debe mirar polo seu desenvolvemento e confirmar queseguen a planificación.

A asistencia técnica durante a reforma é un recomendable servizo extra. Controlarei a calidade e que a obra sexa fiel ao proxectado, e axudarei a resolver os imprevistos.

Acostumo colaborar con profesionais que che podo recomendar (carpintaría, albanelaría, fontanaría…).

Inclúo os seus orzamentos no proxecto e, se os contratas, a tarifa total xa abrangue a miña asistencia técnica na obra. Se prefires buscar os teus propios profesionais, a miña asistencia técnica na obra non está incluída e, se desexas contratala, tarífase a maiores.
Todo, dende o deseño ata o último elemento decorativo, pasando polo custo da reforma.
Cada caso é único e personalizado, polo que non hai un prezo estándar. No deseño, tes tres opcións:
  1. Lavado de cara, dende 50 €/m2
  2. Reforma por partes, dende 55 €/m2
  3. Reforma integral, dende 65 €/m2
  A iso hai que engadirlle o custo da obra, os materiais, o mobiliario e os elementos decorativos.
O ideal é que o proxecto comece canto antes e recoméndoche non agardar máis de 6-12 meses. De aí en adiante, a duración da obra vai depender da súa magnitude.
Non, esa documentación non fai parte do proxecto.
Antes de calquera obra que queiras facer e antes de contactar as empresas de reformas.

Podemos ver se a túa idea é útil para captares clientela. ¡Ollo! Algo que che pareza bonito a ti pode non significar nada para outras persoas.

Despois, podo axudarche a crealo. «Amasarémolo» para convertelo nun interiorismo útil e rendible.

Boa pregunta. É para o teu negocio se:
  • Ofreces un produto/servizo de boa calidade.
  • Te esforzas por coidar dos teus clientes e persoal empregado.
  • Comprendes que o interiorismo é unha ferramenta de marketing, venda e satisfacción.
  • Aceptas responder preguntas complexas e colaborar activamente no proceso.
  • Defendes valores de sustentabilidade e respecto ambiental e cultural
Si, terás que colaborar na fase de documentación. Non fago un interiorismo de copiar e colar. Teño que aprendelo todo sobre a túa empresa, produtos e clientela. Sen esa información, non podo crear o teu proxecto.
A filosofía decorazul poderíase aplicar para crear vivendas máis confortables e persoais, pero céntrome en negocios. Estes poden ser locais comerciais (tendas, restaurantes, bares), oficinas e despachos, hoteis… En definitiva, calquera espazo de traballo onde se queira aumentar a rendibilidade económica, potenciar a imaxe de marca ou mellorar a calidade de vida do cadro de persoal.
Recorro a profesionais en quen confío porque temos traballado xuntos noutros proxectos e sei que o fan ben. Podes aceptalos ou recorrer aos teus propios reformistas. A respecto dos materiais, pezas decorativas, mobiliario etc.:
  1. Priorizo os elementos que xa existen no espazo, os que teñen a súa propia historia na nosa cultura. Reutilizámolos e devolvémoslles o seu valor e protagonismo.
  2. Recorro a fabricantes e materiais galegos sempre que é posible, nunha aposta pola sustentabilidade e polo que nos representa.
  3. Cando cómpre, poño o foco noutros fabricantes e fíxome na relación entre calidade, proximidade e sustentabilidade.
É tan doado coma que mo preguntes. ¡Escríbeme e resolvemos a dúbida!

Sempre hai a tentación de destinar todo o orzamento disponible á fase de obra. Pero coincidirás comigo en que as obras que se fan sobre a marcha, sen un plano de traballo pensado e adaptado punto por punto ao que se espera conseguir adoitan ser lentas, vacilantes e pouco seguras. Poden acabar moi ben, ou poden ser contraproducentes. 

O que che ofrece un proxecto de deseño de interiorismo é seguridade unha estimación realista de prazos, custos e resultados. Todo isto antes de comezar. Grazas ás infografías fotorrealistas mesmo poderás ver o resultado final antes de tocar unha soa parede. 

De modo que, si, un proxecto de interiorismo custa diñeiro, pero faiche aforrar na fase de obra, que é a mais custosa de todo o proceso, con diferenza.

Non. Facemos unha proposta única despois de compilar toda a información necesaria durante o proceso de investigación. A partir de aí, realizamos un anteproxecto que será avaliado por ti e sobre o que faremos os cambios necesarios. É normal que nesta fase aparezan novas ideas, e por iso traballamos así. Unha vez recollida a nova información, fanse as últimas mudanzas e elabórase o proxecto final. Por iso, cada vez que entrego un proxecto, teño a certeza de que quen o recibe vai estar conforme e con ilusión para levalo a cabo.

É normal ter esa dúbida inicial. Sen embargo, cando facemos un proxecto — sexa vivenda, local ou negocio — recollemos toda a información necesaria das persoas que van usar o espazo: estilo de vida, filosofía, gustos e preferencias, tipo de clientela, necesidades desta, etc. O noso é un traballo de investigación específica para cada persoa/negocio e o deseño vai ser 100% adaptado a ti.

E, no caso de que non se axuste, faremos os cambios necesarios para que a satisfacción sexa total. É o meu compromiso.

O certo é que é moi improbable que iso chegue a pasar, porque a nosa metodoloxía de traballo implica a clientela durante todo o proceso creativo. Isto é, non quedas á marxe en ningún momento. Especialmente no caso de negocios, onde se está a traballar sobre a marca do mesmo. O traballo en equipo e a comunicación constante evitan esas situacións nas que alguén nos pide que lle devolvamos o diñeiro adiantado. 

Un servizo de interiorismo estuda os espazos para melloralos, redistribuindo os usos, creando ambientes de confort para vivir, ou establecendo melloras que aumentan a produtividade no caso dos negocios. O obxectivo é definir a forma que terán eses espazos, de maneira que poida ser materializada durante o proceso de obra. Ao conter toda esa información, os proxectos que realizo en decorazul aceleran os traballos e abaratan os custos totais. 

Podes ver que elementos están incluídos en cada servizo na súa sección correspondente nesta web. Pero, en xeral, un proxecto incorporará sempre: 

  1. Planos (distribucións e instalacións) e alzados.
  2. Infografías de cada espazo. 
  3. Memoria descritiva con todos os detalles necesarios.
  4. Fichas de calquera elemento, incluído o mobiliario a medida, con fotos. Tamén escolla de mobiliario estándar, estudos lumínicos, materiais, atrezzo e decoración. 
  5. Información precisa para entregar a cada servizo profesional para a realización da obra: carpintaría, fontanería, electricidade, etc. 

Si. Propoñereiche un xeito de colocación e exposición para o teu caso concreto e dareiche unhas pautas sobre como mellorar a súa visibilidade, mantendo a filosofía empresarial. 

Ademais, se o teu negocio ten escaparate, farei un deseño específico para tirarlle o máximo partido, de maneira que o resultado sexa consistente e coherente co resto de elementos da marca. 

Os teus gustos e os teus coñecementos teranse en conta, evidentemente. O deseño que faremos conxuntamente é para ti. Pero tampouco adianta nada encher a cabeza de referencias que nos desvíen do camiño. O noso traballo é clarificar cales desas referencias son aplicables a cada caso. Porque cada lugar ten unha identidade e convén respectala e, se é posible, potenciala.

No caso dos negocios, convén ter en conta que o deseño debe orientarse á clientela. Se, ademais, pode atender aos gustos de quen encarga a obra, mellor aínda, pero o esencial é conseguir un resultado consistente cos valores da marca. 

Cando analizamos a situación dun negocio, só propomos cambiar o que non funciona. O resto non se toca. Isto permítenos axustar os custos dos proxectos. Por outra parte, en decorazul temos en conta non só o deseño físico do local, como tamén a marca gráfica e os grafismos, que ás veces necesitan unha renovación aínda que outros elementos funcionen perfectamente. 

A función da arquitectura é deseñar as estruturas que dan a forma básica aos espazos. É verdade que moitos estudios de arquitectura traballan tamén os interiores de maneira complementaria, pero a nosa concepción de interiorismo é diferente, porque pon no centro as actividades que se van realizar e as circunstancias das persoas que van habitar ese lugar ou que van traballar nel. Neste sentido, o interiorismo ofrece un traballo especializado, capaz de chegar a resultados máis e mellor adaptados ao uso final que un estudio de arquitectura.

No caso dos negocios, as vantaxes son aínda máis claras, porque o interiorismo que facemos en decorazul traballa desde a coherencia coa identidade gráfica da marca ou negocio e orientando as formas á clientela final. A maioría de estudios de arquitectura non realizan estas investigacións, e iso nótase no resultado final.

Se un proceso de deseño non mellora a situación anterior do espazo, non serve para nada. A clientela non quedaría satisfeita e este estudio non tería moito futuro. 

Levo case dúas décadas asinando proxectos e deseños e celebrando resultados con clientes satisfeitos. E ese é o principal aval de decorazul

Quen traballa comigo sabe que me implico completamente en cada proxecto ata que os resultados se adaptan ao 100% ás necesidades de cada caso e a satisfacción de quen contrata o servizo é plena.

Os proxectos de decorazul pódense pagar a prazos. Contacta con nosotros para que podamos estudiar tu caso.

Para que o traballo se adapte perfectamente ao teu negocio e, sobre todo, ás necesidades e expectativas da túa clientela, é necesario un proceso de investigación que nos levará a dar forma ao teu local. A información que solicito de cada negocio é a materia prima desa investigación. Sen ela, non podo garantir o retorno do investimento. E iso é, para min, o máis importante. 

Asesoría gratuíta
Solicitar asesoría gratuíta
Decorazul
Ola, son Sabela. Escribe aquí a túa consulta e respondereiche de 9:00 a 19:00 h. En que podo axudarche?