O meu nome é Sabela Liñeira e son interiorista.
Formeime en Deseño e Fabricación de mobles e tamén como Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Proxectos de dirección de Obras de Decoración — un nome moi longo e rimbombante para acabar concluíndo que son, como xa dixen, interiorista.
Desde entón pasei por diferentes ocupacións, sempre no sector do moble e o deseño e a través de diferentes empresas: desde mobiliario de oficina, contract e vivenda ata o deseño de espazos comerciais e residenciais desde cero, en obras pequenas e tamén en proxectos de envergadura. En total, case 20 anos de experiencia profesional ligada ao mundo do deseño e a proxección de interiores.
Pero agora teño unha misión especial.
Establecinme por conta propia e creei decorazul para axudar as persoas a melloraren os espazos da súa vida. Non só aqueles nos que van vivir, como tamén aqueles outros nos que traballarán. Pero non quero facelo de calquera xeito.
Quero facelo transmitindo a importancia dun espazo ben deseñado e adaptado ás necesidades de cada quen, en cada circunstancia. E, ademais, deixando claro que reformar un espazo non ten por que significar botar un monte de cousas ao lixo que están en perfecto estado.
Non creo no deseño que non dá unha nova vida aos obxectos que merecen a pena, como tampouco creo nas modas duns poucos meses que nos deslumbran pero se apagan rápido.

Temos que ser capaces de pechar revistas e páxinas de internet, mirar o que temos e tomar consciencia do noso lugar no mundo, para conseguir espazos xenuínos con ADN propio.
Case dúas décadas profundizando nun sector tan cambiante como o deseño de interiores dan para descubrir os valores esenciais dos proxectos que se asinan con orgullo. Ao longo de todo este tempo, estas son as dúas cousas máis importantes que aprendín:
1. Pódense facer grandes proxectos, proxectos de alta calidade, empregando só os elementos xustos, sin ornamentación innecesaria e centrándose na combinación precisa de materiais naturais, duradeiros e reutilizables.
2. Os mellores proxectos son aqueles que deixan as modas á marxe e procuran un resultado atemporal. Ademais, estes proxectos son máis baratos a medio prazo, porque evitan novas reformas durante moito tempo.
Así é como entendo o deseño de interiores: ten que ser sustentable e rendible. E, se non o é, non me interesa.
Descubre agora como te podo axudar
a crear ou optimizar o teu espazo.
Que necesitas (re)deseñar?
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.