interiorismo galego

para negocios que queren locais rendibles

Deseño espazos de alma galega que aumentan as vendas en tendas, restaurantes e oficinas.

Abre as portas dun establecemento único no que a clientela vai querer mercar e ao que volverá.

decorazul é interiorismo galego honesto e xeitoso

A min os lugares agradables atráenme coma un imán e, aínda por riba, parecen máis valiosos. A verdade é que fan máis vendas, con máis frecuencia e de maior valor. Paga a pena planificalos moi ben. ¡Ser agradables non pode ser unha casualidade!

En decorazul, iso vai ligado a sermos auténticos.
E, claro está, aquí o auténtico é Galicia.

Qué che da o interiorismo galego de decorazul?

Decorazul é interiorismo galego para negocios auténticos.

Icono de sofá minimalista en azul, ilustrando reforma de salón moderno con madera y textiles naturales

Confort e sensatez

Consegues un local pensado para ser práctico, útil e cómodo. Onde empregadas e empregados traballan mellor e máis contentos. E onde a clientela atópase agusto dentro.

Resumo: obtés máis ingresos con menos custos.

Icono de caballete de carpintero azul que simboliza el proceso de reforma y la artesanía en proyectos de interiorismo

Estabilidade e carácter

Cando o local segue un estilo propio, non lle afectan as modas que mudan a cada paso. Será atractivo e terá personalidade durante moitos anos.

É dicir: potencias a imaxe de marca con menos gasto recorrente.

Estantería minimalista en madera natural con libros y planta suculenta, en reforma de salón estilo nórdico moderno

Sinxeleza e limpeza

Encántame o deseño sinxelo cos elementos xustos e tamén darlle nova vida á antiga artesanía galega. Busco as pezas novas o máis preto posible e reduzo o consumo excesivo.

Resultado: aforras en material e melloras o teu prestixio.

En definitiva:

decorazul é interiorismo galego para negocios que queren ser rendibles, sustentables e moi auténticos.

Retrato de arquitecta del equipo de interiorismo junto a pared blanca, experta en reformas minimalistas con estuco.

Detrás de decorazul está Sabela Liñeira (boas!), interiorista namorada de Galicia, da súa arquitectura e da súa cultura.

Tras 20 anos creando espazos, agora quero axudarche  a rendibilizar o teu negocio cun toque galego e inspiración sustentable.

Qué proxecto de interiorismo precisa o teu local?

Tres servizos de interiorismo para tres necesidades

Vista de salón-cocina reformado estilo nórdico con sofá azul, isla con taburetes metálicos, madera y tonos suaves

1. Lavado de cara

Un proxecto miúdo e áxil para refrescar a imaxe do local e atraer ollares.

2. Reforma por partes

Unha reforma por fases comezando polo máis esencial para ir medrando paseniño.

Sala de estar reformada con diseño minimalista contemporáneo, sofá modular en tonos neutros, mueble de madera y mármol
Reforma de cocina minimalista con isla central en piedra crema, panelado de lamas de madera natural y estanterías

3. Proxecto completo

A reforma total que satisfai todos os cambios nunha única obra.

E se cadra estaste a preguntar...

O informe de proxecto trata todo o relativo ao cambio de imaxe: o deseño, como é a obra (se hai), os materiais, o mobiliario etc.

Calcúlase o investimento total, no que o traballo de interiorismo é unha pequena parte (por volta do 5%).

Non. Mentres se leva a cabo a reforma, participo resolvendo as túas dúbidas e clarificándolles detalles aos reformistas, mais es ti quen debe mirar polo seu desenvolvemento e confirmar queseguen a planificación.

A asistencia técnica durante a reforma é un recomendable servizo extra. Controlarei a calidade e que a obra sexa fiel ao proxectado, e axudarei a resolver os imprevistos.

Acostumo colaborar con profesionais que che podo recomendar (carpintaría, albanelaría, fontanaría…).

Inclúo os seus orzamentos no proxecto e, se os contratas, a tarifa total xa abrangue a miña asistencia técnica na obra.

Se prefires buscar os teus propios profesionais, a miña asistencia técnica na obra non está incluída e, se desexas contratala, tarífase a maiores.

Todo, dende o deseño ata o último elemento decorativo, pasando polo custo da reforma.

Cada caso é único e personalizado, polo que non hai un prezo estándar. No deseño, tes tres opcións:

  1. Lavado de cara, dende 50 €/m2
  2. Reforma por partes, dende 55 €/m2
  3. Reforma integral, dende 65 €/m2

 

A iso hai que engadirlle o custo da obra, os materiais, o mobiliario e os elementos decorativos.

Vai depender do tamaño e a complexidade do teu caso, pero a creación do deseño adoita demorar unhas 3-5 semanas.
 
O ideal é que o proxecto comece canto antes e recoméndoche non agardar máis de 6-12 meses. De aí en adiante, a duración da obra vai depender da súa magnitude.
Non, esa documentación non fai parte do proxecto.

Antes de calquera obra que queiras facer e antes de contactar as empresas de reformas.

Podemos ver se a túa idea é útil para captares clientela. ¡Ollo! Algo que che pareza bonito a ti pode non significar nada para outras persoas.

Despois, podo axudarche a crealo. «Amasarémolo» para convertelo nun interiorismo útil e rendible.

Boa pregunta. É para o teu negocio se:

  • Ofreces un produto/servizo de boa calidade.
  • Te esforzas por coidar dos teus clientes e persoal empregado.
  • Comprendes que o interiorismo é unha ferramenta de marketing, venda e satisfacción.
  • Aceptas responder preguntas complexas e colaborar activamente no proceso.
  • Defendes valores de sustentabilidade e respecto ambiental e cultural

Si, terás que colaborar na fase de documentación. Non fago un interiorismo de copiar e colar. Teño que aprendelo todo sobre a túa empresa, produtos e clientela. Sen esa información, non podo crear o teu proxecto.

A filosofía decorazul poderíase aplicar para crear vivendas máis confortables e persoais, pero céntrome en negocios.

Estes poden ser locais comerciais (tendas, restaurantes, bares), oficinas e despachos, hoteis… En definitiva, calquera espazo de traballo onde se queira aumentar a rendibilidade económica, potenciar a imaxe de marca ou mellorar a calidade de vida do cadro de persoal.

Recorro a profesionais en quen confío porque temos traballado xuntos noutros proxectos e sei que o fan ben. Podes aceptalos ou recorrer aos teus propios reformistas.

A respecto dos materiais, pezas decorativas, mobiliario etc.:

  1. Priorizo os elementos que xa existen no espazo, os que teñen a súa propia historia na nosa cultura. Reutilizámolos e devolvémoslles o seu valor e protagonismo.
  2. Recorro a fabricantes e materiais galegos sempre que é posible, nunha aposta pola sustentabilidade e polo que nos representa.
  3. Cando cómpre, poño o foco noutros fabricantes e fíxome na relación entre calidade, proximidade e sustentabilidade.

É tan doado coma que mo preguntes. ¡Escríbeme e resolvemos a dúbida!

Quedouche algunha dúbida?