Amerguín (clínica)

Estado previo

O proxecto

Tratábase neste proxecto de deseñar un espazo polivalente destinado a acoller unha clínica de osteopatía e fisioterapia. Había que cumprir, ademais, co requisito de que os dous consultorios que tería se puidesen abrir nun ambiente unificado para aulas de rehabilitación e ximnasia.

A base era un cubo que debía poder dividirse á conveniencia ou ficar completamente aberto.

O local queda exento así de calquera elemento ou moble que poida interferir na realización das actividades, de maneira que se optou por un caixón central que distribúe as zonas — entrada e dous consultorios — e que pode ser facilmente removible para dar a versatilidade necesaria ao espazo resultante.

As consultas dividíronse entre si a traves dun tabique móvil encartable, polo que podían á súa vez unificarse.
Finalmente, incorporouse un moble de almacenamento que divide a recepción dos consultorios, combinando estanterías e caixóns marcardos polas cores corporativas da clínica. E tamén un soporte suspendido de madeira, capaz de gardar o material terapéutico máis voluminoso.

O resultado é un espazo incriblemente aproveitable malia as súas reducidas proporcións.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: