Se tes un escaparate, sabes da importancia de poñelo a traballar para ti. Isto é o que podemos facer por ti:
Non imaxinas a cantidade de escaparates desaproveitados que se ven por aí adiante. Un escaparatismo acertado consegue antecipar compras da túa clientela. Por iso, propóñoche un redeseño do teu escaparate para tirar del todo o proveito posible.
- Un servizo pensado para ser o complemento perfecto para proxectos de redecoración ou interiorismo.
- Estudio e elaboración dunha escena acorde para a exposición do teu produto ou servizo, que potencie as súas cualidades e o destaque da competencia.
- O primeiro deseño de escaparate xa está incluído nos proxectos de interiorismo ou redecoración para negocios.
Deseño de espazos efémeros
Prezo: en función da superficie do expositor e das condicións da feira.
Duración: 4-5 semanas.
-
Concepto creativo adaptado á túa marca, produto ou servizo.
-
Comunicación directa coa túa interiorista, sen intermediarios.
-
Memoria descritiva pormenorizada sobre como colocar o produto e en que lugar ten maior visibilidade.
-
Elementos que compoñan a decoración ou atrezzo.
-
Documentación necesaria para todos os gremios que interveñen na obra.
-
Soporte ilimitado no tempo de duración da obra e reforma
-
Permisos e licenzas de obra
-
Adaptación do logotipo e outros elementos da identidade gráfica ao stand e servizo de copywriting.
Comecemos
Non o demores máis. Consúltanos sen compromiso e obtén unha idea exacta do que podemos facer polo teu local e do orzamento adaptado ao teu caso.
Poñemos o teu escaparate a traballar para ti, destacándoo e facendo que atraia a atención da túa clientela.
Contactamos con Sabela para arranxar o frontal da cociña do noso local, que se vía moi feo. O que nos recomendou foi integrar esa parede co resto do local, adaptando o deseño ao comedor que xa existía e redeseñando a entrada do local. Foi a mellor decisión que puidemos tomar: unha obra áxil, con detalles simples que mudaron por completo todo o ambiente. Marchamos de viaxe uns días e ao voltarmos a reforma estaba terminada e o noso restaurante presentaba unha imaxe cun resultado excelente, sen sorpresas nin desfases no orzamento.

Traballar con Sabela é contratar compromiso, calidade y a seguridade de que vai coidar todos os detalles para que o proxecto quede exactamente como foi deseñado.
Se buscas unha profesional que se implique e cumpra os prazos de entrega, escolle Sabela”

Nunca tería imaxinado que o deseño puidese causar tantas impresións. Aínda que era escéptico, agora confirmo que un espazo ben deseñado que mostre o produto da forma que queres que o teu cliente o vexa capta mellor a atención que calquera outro. Puiden ver como cambia facer un proxecto, saber cal vai ser a finalidade e o resultado final cunha previsión que define ata o último detalle sen deixar nada ao azar. Quedei realmente satisfeito e gustoume moito a posta en escena. Foi o mellor, e a realidade superou a ficción das infografías.

Previous
Next