Unha pequena mudanza pode significar unha revolución.
Ás veces non se pode ou non se quere facer unha reforma profunda da casa. Outras veces, todo funciona ben, pero unha estancia necesita unha mellora. Cada vez damos maior importancia ao tempo que pasamos na casa, e para optimizalo é importante que todo estea en sintonía connosco e a nosa maneira de vivir.
- Pensado para mellorar esa estancia que necesita unha renovación ou un novo concepto.
- Sen necesidade de cambios estruturais ou redistribucións maiores.
- Centrámonos na decoración: cor, materiais e revestimentos, mobiliario, iluminación, atrezzo, etc.
- E entrégoche unha guía completa na que verás todos os detalles, sen dúbidas nin sorpresas.
Reformas parciais para vivendas
Prezo: en función da superficie.
Duración: 4-5 semanas.
-
Concepto creativo adaptado á túa casa e estilo de vida particular.
-
Comunicación directa coa túa interiorista, sen intermediarios.
-
Plantas, alzados e detalles.
-
Vistas en 3D con acabados fotorrealistas.
-
Shopping list.
-
Memoria descriptiva pormenorizada: mobiliario, mobiliario a medida, detalles de carpintaría, elementos de obra con detalle en infografías 3D, iluminación, disposición de elementos, etc.
-
Documentación necesaria para todos os gremios que interveñen na obra.
-
Soporte ilimitado no tempo de duración da obra e reforma
-
Xestión de servizos de pintura, electricidade, albanelaría, carpintaría e fontanaría para montaxe e instalación (só en Galicia).
-
Permisos e licenzas de obra
Comecemos
Non o demores máis. Consúltanos sen compromiso e obtén unha idea exacta do que podemos facer polo teu local e do orzamento adaptado ao teu caso.
Estudamos as potencialidades do espazo a reformar e propómosche unha renovación superficial pero que transformará a idea que tiñas del.
Contactamos con Sabela para arranxar o frontal da cociña do noso local, que se vía moi feo. O que nos recomendou foi integrar esa parede co resto do local, adaptando o deseño ao comedor que xa existía e redeseñando a entrada do local. Foi a mellor decisión que puidemos tomar: unha obra áxil, con detalles simples que mudaron por completo todo o ambiente. Marchamos de viaxe uns días e ao voltarmos a reforma estaba terminada e o noso restaurante presentaba unha imaxe cun resultado excelente, sen sorpresas nin desfases no orzamento.

Traballar con Sabela é contratar compromiso, calidade y a seguridade de que vai coidar todos os detalles para que o proxecto quede exactamente como foi deseñado.
Se buscas unha profesional que se implique e cumpra os prazos de entrega, escolle Sabela”

Nunca tería imaxinado que o deseño puidese causar tantas impresións. Aínda que era escéptico, agora confirmo que un espazo ben deseñado que mostre o produto da forma que queres que o teu cliente o vexa capta mellor a atención que calquera outro. Puiden ver como cambia facer un proxecto, saber cal vai ser a finalidade e o resultado final cunha previsión que define ata o último detalle sen deixar nada ao azar. Quedei realmente satisfeito e gustoume moito a posta en escena. Foi o mellor, e a realidade superou a ficción das infografías.

Previous
Next