Stand para Equip’ Hotel

O Forum Gastronómico da Coruña leva anos gañando referencialidade no sector e acollendo novas e chamativas propostas de diferentes expositores. Equip’ Hotel, unha empresa dedica ao equipamento para restauración e hostelaría, quixo presentarse en 2019 dun xeito diferente, profesional e fresco, destacándose do resto de stands da feira. O obxectivo: promocionar a súa marca no sector e gañar visibilidade.

O proxecto empregou un grande escaparate a base da cor corporativa, cun fondo monocromático que permitía centrar toda a atención no produto que comercializa a empresa. Realizouse o deseño completo da estrutura, o estudo lumínico que se resolveu con luminarias de foco en carril, e unha proposta de mobiliario pensada para que este pasase o máis inadvertido posible, dado que a súa función era simplemente de soporte expositivo.

Completouse o traballo cun proxecto de escaparatismo adaptado á situación, con colocación estratéxica do produto (louza, cristalaría, cubertos, atrezzo…) a partir dun estudo previo que permitiu unha composición que destacaba pola súa harmonía.

O resultado foi unha posta en escena que non pasou desapercibida por ningunha das persoas que visitaron o Forum.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: