Pescados Oliveira

Estado previo

Un Merca de peixe ao pormaior non soe ter ningún atractivo visual. As naves son espazos descoidados nos que, neste caso, se expón o peixe, de xeito a miúdo desordenado. Son, ademais, sitios normalemente húmidos e fríos onde se a xente se concentra para unha venda rápida.

O obxectivo deste cliente era dotar de maior calidez ao seu espazo de traballo, destacando ademais o seu posto de venda do resto da nave, de aspecto máis desgastado debido ao paso de carretillas e camións e ao amoreamento de caixas.

Deste xeito, optamos por facer un «make over» tendo en conta a localización, dentro dun Merca moi deteriorado. O deseño debía estar á altura das circunstancias, sen que se desfasase, e cun mantemento moi doado. Ademais, debía ter presentes os elemtentos xa existentes: oficina, cámaras, viveiros, etc. E, por último, debía representar a imaxe de marca da mellor maneira posible.

Partiuse, polo tanto, das cores azuis que representan a marca, resignificándoas aquí en forma de fondo para representar o mar. Incorporamos sobre iso un raiado branco cun pintado especial anti-humidade, que permite notar o bloque das paredes da nave. O chan foi pintado da mesma cor, cunhas marcas para o correcto amoreamento de caixas para a exposición prevenda.

A partir de aí, deseñouse unha nova distribución que mellorase a mobilidade da clientela, cun espazo máis aberto e limpo, que ademais permitise destacar a frescura do produto — peixes e mariscos acabados de traer do mar.

A zona de venda potenciouse con luminarias estancas de luz Led fría, especial para resaltar a frescura, colocadas sobre unha estrutura metálica suspendida que soporta, á vez, unha bandada de gaivotas que sobrevoan as caixas con peixe a desbordar.

A caseta de chapa furada recorda unha cabina de barco con ollos de boi e o amarelo típico dos traxes de augas da xente de mar. Ás horas frías e húmidas da madrugada en que se citan aquí os compradores, esta cabina é o lugar perfecto para lles ofrecer unha bebida quente, sen que iso distraia a atención do produto, perfectamente visible desde o interior.

O resultado é un deseño sustentable e rendible, que emprega poucos elementos e de moi doada conservación, integrándose nun espazo sobre o que destaca rapidamente.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: