O Refuxio

Estado previo

O proxecto

O Refuxio é un negocio familiar que vai xa pola súa terceira xeración. Fundado como taberna, a seiba nova reconverteuno en restaurante para aproveitar os valores da cociña tradicional típica da zona.

A localización nunha contorna natural, a casa, catalogada como da década de 1960, e a filosofía de traballo da familia levounos a deseñar unha intervención limitada a actualizar un pasado que ten aínda moito percorrido. O obxectivo era manter o ambiente de taberna para tomar uns viños, e que o restaurante mostrase no seu ambiente a sinxeleza que se adiviña en cada prato.

Por outra parte, o Refuxio sufrira xa algunhas reformas anteriores, que deixaban unha imaxe incoherente co que se trataba de transmitir e unha distribución que propuña un percorrido interior caótico e pouco práctico.

Xa que logo, optouse por un redeseño do interior e do propio branding do negocio, atendendo aos seguintes aspectos con especial coidado. Primeiro: recuperar os valores da arquitectura daquel tempo, adaptándose ás características exixidas pola Guía de Cor de Materiais de Galicia. Segundo: representar a sinxeleza, elegancia e calidade do servizo que ofrece, tendo particular coidado de transmitir referencias da localización privilexiada onde se encontra. Terceiro: optar por unha estética popular a base de empregar materiais de proximidade, dentro da nosa filosofía km 0. Isto é: granito de Santiago procedente dunha canteira da zona, carpintaría e outros elementos fabricados por man de obra local, etc. Cuarto: conseguir un deseño atemporal e optar por materiais imperecedoiros e de doado mantemento. Quinto: redistribuir os ambientes para poder ampliar os usos. Neste caso alargáronse as zonas dedicadas a comedor e, a maiores, creáronse espazos para situar un punto de venda de produtos de elaboración propia, un comedor para grandes eventos, e unha zona de pub para as noites do fin de semana. O resto do espazo foi completamente redistribuído para que o fluxo de movementos da clientela fose mais harmónico e intuitivo. E, sobre todo, máis cómodo.

O resultado foi un proxecto no que conseguimos preservar a esencia e o encanto das vellas tabernas de aldea, transferindo todo o protagonismo aos materiais. Singularmente á «pedra de Santiago», que ofrece ambientes sinxelos e elegantes e favorece a fusión con outros elementos tradicionais.

Ademais, aumentouse a cabida de clientela, facendo que os espazos resultasen máis polivalentes e admitisen diferentes configuracións de mobiliario, segundo as necesidades do momento. Canto á fachada, recuperamos todos os detalles decorativos propios deste tipo de construcións, como ornamentos, corpos voados e zócalos, e todo isto creando un marco para situar a nova imaxe corporativa, deseñada baixo os mesmos principios.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: