Kyoto

Estado previo

Luciana e Juliano, propietarios deste restaurante xaponés querían arranxar o frontal da cociña, que daba a un corredor de acceso ao comedor e aos aseos.

O local do Kyoto, porén, herdara a estrutura doutro negocio de restauración anterior, e facíase necesario unha reforma que unificase os diferentes espazos, tanto a nivel estético como funcional. Finalmente, o proxecto estendeuse por medio local, aínda que executado por partes. Deste modo, actuamos primeiro sobre a fachada e a parte frontal, incluíndo a zona de barras e o corredor — co frontal da cociña — e mais tarde sobre o comedor principal, ao fondo.

Para o deseño tivemos en conta certos materiais precedentes e evitamos cambios de estrutura que encarecerían o proxecto. Unha revisión de elementos decorativos permitiu unificar todo o local, reinterpretando os interiores tradicionais xaponeses por medio de listóns de madeira que se repiten e se organizan de maneira diferente segundo a súa función.

Tamén se mellorou consistentemente a iluminación das barras, cuns plafóns luminosos co mesmo tratamento estético de enreixado xaponés. Do que se trataba era de dar luz suficiente ás zonas de traballo, singularmente á barra de sushi, sen alterar a iluminación máis tenue do resto do local. O conxunto combinouse con mobiliario de estantería sinxela que non interfire na luz.

Na fachada revisouse a marca gráfica, realizando un rótulo retroiluminado integrado na parrilla de listóns de madeira que tamén se repiten ao interior como patrón.

O resultado é un espazo compacto, que emprega tamén a pintura monocromática para dar maior unidade tanto dentro como fora, e que aproveita todos os elementos posibles para lograr un ambiente de referencias xaponesas sutís e, á vez, atemporais.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: