Kupula (oficina)

Estado previo

Un despacho de dirección representa a empresa e o seu propietario, reflexa a súa filosofía e os valores do seu negocio. Pero, ademais disto, debe ser un espazo útil para o traballo no día a día. No caso da empresa Kupula, era preciso deseñar un espazo en condicións, que permitise facer reunións e videconferencias de grupo para colaboradoras/es e empregadas/os. 

A oficina está situada nun loft de dous andares e ten unha estética moi marcada, conxugando materiais como o formigón, paredes  brancas e chans de madeira de carballo.

Ademais, existían unha serie de condicionantes. En primeiro lugar, o efecto de reverberación producido polo formigón prefabricado de paredes e teito. Tamén se detectou unha deficiente iluminación e a necesidade de mellorala sen realizar rozas. Ademais, cumpría adaptarse á estética xa existente no resto de oficinas, especialmente no tocante ao mobiliario. Por último, era necesario tamén incluír unha zona de repouso ou descanso, para os días en que o cliente fica na oficina.

A respecto do mobiliario preexistente noutras oficinas, destacaban os mobles System180, con estrutura de aluminio e frontes e costados de taboleiros compactos en branco, e as cadeiras confidentes Catifa de Arper, con base de 5 radios cromada e carcasa de polipropileno branca, combinadas con outras cadeiras operativas en negro con base de 5 radios gris aluminio.

O proxecto propón un espazo de case 34m2 aberto. Para atallar o problema do eco opérase un novo chan vinílico Enlesswood de Vorwerk a base de elastómeros ecolóxicos — fabricado con materias primas rexenerativas naturais —, instalado sen obra. Isto, en combinación co revestimento de dúas paredes con azulexo acústico redondo Baux, de lá de madeira, consegue minimizar o problema. Ademais, os azulexos combinanse coa decoración e coa imaxe gráfica da empresa.

Canto á iluminación, óptase por un esquema de tres puntos para as tres zonas do despacho (mesa de traballo, zona de relaxación e mesa de reunións). Escóllense luminarias String de Flos de intensidade regulable, e que non requiren acceder a ningunha chave, dado que se poden xestionar desde unha aplicación móbil.

En relación ao mobiliario, escóllese en función das solucións do resto de dependencias. O moble baixo deséñase ex professo coa idea de ofrecer o máximo de posibilidades de arquivo. Acompáñao a mesa Haller de USM, de patas cromadas. O sillón Varity Balance foi escollido polas súas características, que o fan apropiado para persoas con doenzas lumbares.

A zona destinada a reunións e videoconferencias céntrase nunha mesa redonda con pé central da cor da imagem corporativa, con encimeira de Rosa Porriño. Esta escolla consegue un espazo máis humano e acolledor en combinación coas cadeiras Catifa de Arper tapizadas e con base cromada. Por último, a zona de descanso, situada ao fondo, queda finalmente máis reservada e cun ambiente máis informal e relaxado.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: