Cociña Mirasol

Estado previo

A cociña Mirasol encádrase no grupo de proxectos de pequeno espazo, e serve como mostra de todo o que se pode conseguir cando aplicamos os criterios profesionais do interiorismo en obras con tamaños, orzamentos e tempos de execución reducidos. E coa necesidade de minimizar o impacto da obra na vida cotiá da casa, ademais.

  1. As condicións deste proxecto estaban claras desde o principio. Tratábase de:
  2. intervir unicamente na cociña,
  3. alargar a sensación de espazo sen ampliar os metros cadrados reais,
  4. adaptar o espazo ás liñas estéticas xerais do resto da casa,
  5. realizar unha obra rápida, áxil e limpa, reducindo a derruba á mínima expresión.

A principal dificultade foi o curto tempo de execución dispoñible, xa que se debían aproveitar uns días de ausencia da familia. Para cumprir os requisitos, ideamos e planificamos a intervención de todos os gremios ao milímetro.

A idea base do proxecto foi adaptar a cociña á filosofía de vida desta familia, conectando o espazo co resto da casa. O primeiro impulso foi abrir a cociña completamente á sala de estar, pero o resultado encarecería a obra, porque obrigaría a intervir sobre os chans. A alternativa era centrarse no habitáculo da cociña, establecendo unha conexión visual que permitiu, ademais, reducir a derruba.

Ademais, para evitar o efecto «nicho», retiramos a porta dobre do salón, ampliando tamén o seu espazo e proxectándoo cara ao corredor. Por outra banda, realizamos un estudo completo do uso da cociña en busca dunha distribución máis eficiente e ergonómica, axeitándoa ao modo de cociñar da familia.

O novo mobiliario da cociña e os revestimentos en taboleiro idéntico ao dos mobles permitíronnos aforrar — evitando o alicatado cerámico. Neste caso, escollemos un taboleiro Finsa Gris Porriño Supermate II, que envolve toda a superficie e se funde co resto do acabado das paredes da casa, cunha tonalidade similar. Á súa vez, o granito galego Mondariz na encimeira, a fronte e os laterais protexe de posibles humidades e ofrece resistencia extra nos puntos onde o sofrimento dos materiais é máis acusado.

Así é como resolvemos o proxecto en só tres días de execución:

Día 1: Preparamos as instalacións de electricidade e fontanaría e o traballo de albanelaría.

Día 2: Colocamos as alacenas, instalamos os electrodomésticos e terminamos coa colocación da pedra encimeira. A maioría de marmolerías dispoñen de pedras no seu stock listas para cortar e servir, polo que é factible facelo todo nun só día.

Día 3: Instalamos a carpintaría metálica e realizamos os traballos de detallado con pintura, finalizando a obra.

Día 4: A cociña quedou lista para ser usada de novo.

É evidente que un timing deste tipo, tan axustado, esixe compromiso e profesionalidade por parte dos gremios que interveñen na parte práctica da obra, e tamén unha planificación experimentada e unha dirección de obra profesional. Non sempre vai ser posible fiar as intervencións tan seguidas, pero este exemplo é a demostración práctica de que, xa sexan 3 ou 4 días, as reformas non teñen por que eternizarse. Aínda que sexan profundas.

Planos

Interiorista revisa bocetos en butaca beige de lino con cuaderno, incorporando diseño contemporáneo en salón reformado

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí: