fbpx

Bar Las Vegas

Estado previo

Localizado na zona monumental de Santiago de Compostela, nunha rúa moi turística, é difícil atopar sitio libre neste restaurante á hora de xantar e mesmo pola mañá, cando o servizo de cafetaría funciona realmente ben. Ás tardes e ás noites, en cambio, o ritmo é todo o contrario. De aí que o actual propietario decidise investir en mellorar a rentabilidade do negocio. As condicións estaban claras: facer un lavado de cara, aproveitando todo o aproveitable e reducindo a obra á mínima expresión.

Malia o nome do establecemento — herdado dos anteriores propietarios —, o Las Vegas caracterízase por unha cociña sinxela e pratos tradicionais galegos, con peixes e mariscos de calidade, e con petiscos que atraen a clientela pola mañá. Ademais, a cociña traballa durante toda a xornada para atender as necesidades de peregrinos e turistas. Por outra parte, o interior presentaba un ambiente pouco atractivo desde o exterior, que non convidaba a entrar.

O reto, xa que logo, era harmonizar o aspecto e a decoración coa proposta de valor e a filosofía do negocio. E había que facelo reducindo ao mínimo o investimento; mudando a iluminación para adaptala aos diferentes servizos que se ofrecen ao longo de todo o día; recuperando elementos existentes para integralos no novo deseño; sen realizar cambios de distribución, rozas nin instalacións eléctricas á vista; e sen picar chans ou azulexos.

A solución partiu dunha cubrición do chan cun pavimento de microcemento, e de transdosados de madeira nas paredes pintura resistente ás rozaduras. A iluminación foi completamente redeseñada, pensada para marcar dos diferentes ambientes que se necesitan ao longo da xornada — de maneira que puidese ser modificada en cada momento. Empregáronse focos encastrables e orientables de potencia regulable, o que permite que, especialmente ás noites, o local adquira a iluminación tenue característica dos pubs. Tamén se integraron a maioría de elementos mobles existentes: barra e moble detrás da barra, mesas e tallos altos, e tamén os característicos círculos do teito.

O resultado é froito dun proceso de investigación e dos principios de sustentabilidade e reaproveitamento do tipo interiorismo que exercemos. Este estilo ecléctico de Las Vegas funciona, rememora os bares típicos, cun aire agradable e adecuado á contorna onde se insire, e capaz de convidar a entrar a calquera persoa sen necesidade de mirar as referencias.

Planos

decorazul-cando-queres-comezar

Como sería no teu negocio?

Ti tamén podes atraer clientes fieis cun establecemento feito para ser memorable, rendible e único. E todo empeza pulsando aquí:

Asesoría gratuíta
Solicitar asesoría gratuíta
Decorazul
Ola, son Sabela. Escribe aquí a túa consulta e respondereiche de 9:00 a 19:00 h. En que podo axudarche?