fbpx

Este é o método que traballo
que me permite crear proxectos de interiorismo que convencen
e perduran

Cada proxecto que asino mostra todos os detalles dun interiorismo responsable (rendible, sustentable e xenuíno) e especifica ata o último detalle necesario para materializar a obra e que o espazo quede completo.
 
Pero, antes diso, traballo contigo man a man para desentrañar cada unha das necesidades que teremos que atender. Como o faremos?
Antes de comezar
O servizo e interiorismo de decorazul é un servizo online. Isto significa que nos comunicaremos usando todo tipo de medios dixitais, aforrando tempo, desprazamentos e abaratando o custo final do proxecto. O que che garanto é un deseño da mellor calidade e coas mesmas garantías que no modelo convencional. E, por riba, máis áxil.
Ver briefing
1. O briefing inicial
Para saber se podemos traballar conxuntamente, antes de comezar co teu proxecto debes cubrir o briefing que preparei para os proxectos de negocio. Podes reservar unha cita para a primeira consulta no calendario que aparece a continuación, pero é importante que respondas o briefing o antes posible para que eu teña as informacións básicas antes da reunión.
Ver briefing
2. Primeira consulta
Aquí é onde nos coñecemos e tratamos as informacións básicas do proxecto. O obxectivo é coñecer máis en concreto que é o que queres facer, cal é o espazo a tratar e cales son as túas referencias, para completar a información do briefing inicial.
3. Orzamento
Cos datos dos que dispoño, realizo un orzamento segundo as necesidades do proxecto: envergadura e dimensión, tipo de espazo (vivenda ou local comercial), tipo de servizo (básico, completo ou avanzado), etc. E envíocho para que valores a contratación.
4. Comezamos a traballar
Unha vez asinado o contrato de traballo, pedireiche que nos mandes toda a información complementaria necesaria. Se se trata dun negocio, moita desa información requerirá unha reflexión pola túa parte. Para avanzar traballo, creei un workbook que che será moi útil e podes descargar xa aquí.
Descargar o workbook xa
5. Anteproxecto
A partir de aquí, comezo a elaborar o anteproxecto, con toda a investigación necesaria. Manteremos reunións e contacto directo, sen intermediarios, para clarificar calquera dúbida, ou para incorporar nova información se a hai.
6. Revisión
Unha vez preparado o anteproxecto, temos unha reunión de presentación e análise. Trátase de avaliar o traballo e ver se é necesario realizar mudanzas. É o momento de facer as suxestións finais para plasmalas finalmente no proxecto.
7. Entrega do proxecto
Realizo as modificacións necesarias sobre o anteproxecto que revisamos conxuntamente e preséntocho xunto con todos os detalles, planos e vistas necesarias, cunha explicación completa do resultado. Por último, fágoche chegar toda a documentación necesaria para a materialización final da obra.
Comezar co briefing inicial
Previous
Next

Cando queres comezar?

Reserva xa a primeira reunión de traballo para que avaliemos conxuntamente o teu caso. E, se tes un negocio, non marches sen descargares o teu workbook!

Cando queres comezar?

Reserva xa a primeira reunión de traballo para que avaliemos conxuntamente o teu caso. E, se tes un negocio, non marches sen descargares o teu workbook!