fbpx

Interiorismo rendible
para o teu negocio (por fin)

O interiorismo non é só cambiar o aspecto da túa marca;
é atraer máis clientes e facer que te lembren.

Comprométete co teu negocio e convérteo en referencia para os teus clientes.

Para que serve isto?

O interiorismo para negocios tense visto, tradicionalmente, como un gasto inútil que só persigue facer máis bonitos e agradables os espazos comerciais. Pero non é iso. 

O interiorismo que aquí facemos persegue tres valores fundamentais: ser rendible, ser sustentable e ser xenuíno. A iso chamámolo interiorismo responsable. Porque funciona.

Levo 20 anos neste campo e aprendín que o interiorismo para negocios debe funcionar como un investimento. E, como tal, ten que ter un retorno. Incrementar a referencialidade dos negocios, gañar clientela e, sobre todo, facer que esa clientela recorde o negocio e volte unha e outra vez. 

Dese modo, o investimento compensa. E se non é así, non me interesa. 

Un interiorismo responsable é...

...rendible

Chegar á solución perfecta para un espazo non ten por que se caro. Ao contrario, pode facerche aforrar diñeiro, tanto nunha vivenda particular como, sobre todo, nun negocio. O investimento ten que ter un retorno. Se non, non serve de nada.

...sustentable

Un bo interiorismo non necesita elementos superfluos nin demasiados recursos. A miúdo podemos reutilizar o que temos, e, con pouco máis, respetando o que cada lugar é, conseguir definirnos, diferenciarnos e crear un estilo propio, cómodo e respectuoso co medio natural.

...xenuíno

Os lugares onde facemos a nosa vida non son só espazos vacíos. Teñen características e historia propia. Un deseño xenuíno é o que se preocupa de respectar o seu ADN e se adapta a cada circunstancia. Para construir algo singular non é preciso destruilo todo, como se alí nunca tivese habido nada. 

O meu traballo é axudarte. E sei como facelo.

Cada día falo con empresas e marcas para desenvolver os seus negocios e axudalos a proxectar a imaxe que queren dar e que a súa clientela espera e busca. E por iso sei que podo axudarte tamén a ti. 

Para negocios novos

Un interiorismo pensado 100% para o teu negocio e orientado a producir impacto e clientes que te lembren é o mellor aliado dun negocio que comeza e ten que facerse un oco. Non o desaproveites!
Si, quero destacar!

Para negocios en marcha

Se o teu negocio xa está en marcha, un interiorismo rendible potencia todos os seus espazos e sobre todo os teus produtos e servizos. O obxectivo é aumentar a eficiencia dos teus procesos produtivos e de vendas.
Si, quero destacar!

Quero que coñezas a Luciana

Luciana Mikito Kaku é propietaria do restaurante de comida asiática Kyoto Santiago. Un sushi bar de referencia en Santiago de Compostela, onde vende unha das mellores elaboracións de sushi e gastronomía xaponesa que se poden encontrar. 

Pero Luciana sabía que o seu negocio necesitaba un cambio. O que non tiña claro era como levalo a cabo. Así que se puxo en contacto comigo para que estudase o seu caso. 

A grande vantaxe que tiña Luciana era ter claro que o interiorismo pode ser o mellor aliado dun negocio e que as profesionais deste campo temos as ferramentas para conseguir cambios reais e medibles. 

O orzamento era moi limitado, pero suficiente. E isto foi o que decidimos facer:

O resultado foi o esperado. Un local compacto e unificado, funcional, que evoca referencias á arquitectura tradicional xaponesa e, sobre todo, que transfire todo o protagonismo ao produto estrela: o sushi. 

En palabras da clienta:

Contactamos con Sabela para arranxar o frontal da cociña do noso local, que se vía moi feo. O que nos recomendou foi integrar esa parede co resto do local, adaptando o deseño ao comedor que xa existía e redeseñando a entrada do local. Foi a mellor decisión que puidemos tomar: unha obra áxil, con detalles simples que mudaron por completo todo o ambiente. Marchamos de viaxe uns días e ao voltarmos a reforma estaba terminada e o noso restaurante presentaba unha imaxe cun resultado excelente, sen sorpresas nin desfases no orzamento.
Luciana Mikito Kaku
Kyoto Santiago

O interiorismo rendible é para ti?

O interiorismo rendible funciona para todo tipo de negocios,
pero debes ter en conta os seguintes puntos:

Que inclúe o servizo
de interiorismo online para negocios?

Estes son, en resumo, os beneficios do tipo de interiorismo que che ofrezo:

O interiorismo non é un gasto. É un investimento que te fai destacar. Unha acción estratéxica que ten resultados medibles e verificables. E por iso todas as empresas que se preocupen do seu futuro deberían estar traballando este aspecto.

Se aínda non te convencín de todo,
seguro que estás a pensar algo disto:

Seguro que estes servizos son caros, e non sei se vou recuperar o investimento

Se o interiorismo non ten retornos visibles, non me interesa. Pero, ademais, tampouco estaría aquí ofrecéndoche a miña axuda, porque non tería a confianza dos meus anteriores clientes. Debes pensar o interiorismo como un proceso que representa entre 3% e 5% do custo inicial dun proxecto, pero que che pemite aforrar cantidades moito maiores. Por que? Porque cun plano inicial evítanse decisións erradas que despois hai que rectificar.

Como sei se me van gustar os resultados?

Os resultados vanche gustar porque vas participar comigo, directamente, das decisións estratéxicas de deseño, e porque vas aprender a ver a parte práctica do interiorismo: o que produce retorno e o que non. Resumindo: cando che presente o proxecto terminado non vai ningunha sorpresa, porque ti xa o vas coñecer de antemán.

Ao meu negocio viríanlle ben uns cambios, pero non tan profundos

Efectivamente, cada negocio e cada marca teñen necesidades diferentes. Do que se trata é de facer coincidir o que ofrecen coas expectativas da clientela, e para iso non sempre son necesarias grandes obras nin grandes proxectos. Ás veces, é suficiente con aplicar cambios concretos en puntos concretos. E se iso é o que se necesita, iso é o que faremos.

E se falamos cara a cara?

Imaxina todo o que perden as persoas que non o fan. 

Canto custan este servizos?

Interiorismo rendible para negocios que queren disparar a súa presenza

5570
4.990
  • Interiorismo comercial con selo de calidade Decorazul
  • Deseño de marca gráfica adaptada ao interiorismo comercial
  • Exposición e colocación de produto con deseño de 1 escaparate
  • Garantía de 2 anos
  • Contacto permanente e directo coa túa interiorista
Oferta

Esta é unha oferta temporal. Non a deixes escapar. O que está en xogo é a visibilidade do teu negocio. 

(Imaxina todo o que perden as persoas que non o fan)

Asesoría gratuíta
Solicitar asesoría gratuíta
Decorazul
Ola, son Sabela. Escribe aquí a túa consulta e respondereiche de 9:00 a 19:00 h. En que podo axudarche?