fbpx

Formación Interiorismo rendible
para profesionais da perruquería (por fin).

O interiorismo non é só cambiar o aspecto e poñer bonito;
é atraer máis clientes e facer que te lembren.

Comprométete co teu negocio e convérteo en referencia para a túa clientela.

Para que serve isto?

O interiorismo para negocios de perruquería e salóns de beleza tense visto, tradicionalmente, como un gasto inútil que só persigue facer máis bonitos e agradables os espazos comerciais. Pero non é iso. 

O interiorismo que aquí fago persegue tres valores fundamentais: ser rendible, ser sustentable e ser xenuíno. A iso chamámolo interiorismo responsable. Porque funciona.

Levo 20 anos neste campo e aprendín que o interiorismo para negocios debe funcionar como un investimento. E, como tal, ten que ter un retorno. Incrementar a referencialidade dos negocios, gañar clientela e, sobre todo, facer que esa clientela recorde o negocio e volte unha e outra vez. 

Dese modo, o investimento compensa. E se non é así, non me interesa. 

Un interiorismo responsable é...

...rendible

Chegar á solución perfecta para un espazo non ten por que se caro. Ao contrario, pode facerche aforrar diñeiro, tanto nunha vivenda particular como, sobre todo, nun negocio. O investimento ten que ter un retorno. Se non, non serve de nada.

...sustentable

Un bo interiorismo non necesita elementos superfluos nin demasiados recursos. A miúdo podemos reutilizar o que temos, e, con pouco máis, respetando o que cada lugar é, conseguir definirnos, diferenciarnos e crear un estilo propio, cómodo e respectuoso co medio natural.

...xenuíno

Os lugares onde facemos a nosa vida non son só espazos vacíos. Teñen características e historia propia. Un deseño xenuíno é o que se preocupa de respectar o seu ADN e se adapta a cada circunstancia. Para construir algo singular non é preciso destruilo todo, como se alí nunca tivese habido nada. 

O meu traballo é axudarte. E sei como facelo.

Cada día falo con empresas e marcas para desenvolver os seus negocios e axudalos a proxectar a imaxe que queren dar e que a súa clientela espera e busca. E por iso sei que podo axudarte tamén a ti. 

Para negocios que queren maior visibilidade

Un interiorismo pensado 100% para o teu negocio e orientado a producir impacto e clientes que te lembren é o mellor aliado dun negocio que quere facerse un oco. Non o desaproveites!
Si, quero máis visibilidade!

Para negocios que queren destacar

Se o teu negocio funciona, un interiorismo rendible potenciará sobre todo os teus produtos e servizos. O obxectivo é aumentar a eficiencia dos teus procesos produtivos e de vendas.
Si, quero destacar!

O interiorismo rendible é para ti?

O interiorismo rendible funciona para todo tipo de salóns de beleza coma a tEU

,

Que fai un servizo
de interiorismo para profesionais da construcción?

Estes son, en resumo, os beneficios do tipo de interiorismo que che ofrezo:

O interiorismo non é un gasto. É un investimento que te fai destacar. Unha acción estratéxica que ten resultados medibles e verificables. E por iso todas as empresas que se preocupen do seu futuro deberían estar traballando este aspecto.

Se aínda non te convencín de todo,
seguro que estás a pensar algo disto:

Seguro que estes servizos son caros, e non sei se vou recuperar o investimento

Se o interiorismo non ten retornos visibles, non me interesa. Pero, ademais, tampouco estaría aquí ofrecéndoche a miña axuda, porque non tería a confianza dos meus anteriores clientes. Debes pensar o interiorismo como un proceso que representa entre 3% e 5% do custo inicial dun proxecto, pero que che pemite aforrar cantidades moito maiores. Por que? Porque cun plano inicial evítanse decisións erradas que despois hai que rectificar.

Como sei se lle van a gustar os resultados á miña clientela?

Os resultados van a gustar porque os teus clientes van participar comigo, directamente, das decisións estratéxicas de deseño, e porque vas aprender a ver a parte práctica do interiorismo: o que produce retorno e o que non. Resumindo: cando che presente o proxecto terminado non vai ningunha sorpresa, porque a túa empresa a a túa empresa o vas coñecer de antemán.

Teño clientes que lle virian ben uns cambios, pero non moi profundos, é posible?

Efectivamente, cada cliente ten necesidades diferentes. Do que se trata é de facer coincidir o que se ofrece coas expectativas da clientela, e para iso non sempre son necesarias grandes obras nin grandes proxectos. Ás veces, é suficiente con aplicar cambios concretos en puntos concretos. E se iso é o que se necesita, iso é o que faremos.

Imaxina todo o que poderiamos facer e aínda por riba aforrando cartos. 

Canto custan este servizos?

Interiorismo rendible para profesionais da construcción que queren disparar a súa presenza

  • Interiorismo profesional para profesioanis da construcción con selo de calidade Decorazul
  • Proxecto completo con planos, infografías 3D, libro proxecto (fotos, materiais, medicións e especificacións)
  • Comunicación total e comprobación coa empresa do deseño a levar a cabo
  • Garantía de 2 anos
  • Contacto permanente e directo coa túa interiorista
DTO 15%

Hai tanto tipos de espazos! Os prezos van en función da actividade, do deseño, das dimensións… Pero podes ver aquí para facerte unha idea. 

 

 

 

 

Sabes ese momento no que alguén entra pola porta, ergues a vista e ves que olla para todas as partes? Sente un non sei que polo corpo e ti sabes que atinaches. Iso é o que quero que academos.

Falemos dos proxectos e vexamos como darlle máis rendabilidade á galega. 

 

Asesoría gratuíta
Solicitar asesoría gratuíta
Decorazul
Ola, son Sabela. Escribe aquí a túa consulta e respondereiche de 9:00 a 19:00 h. En que podo axudarche?