Todo o mundo debería poder chamar fogar a algún sitio
Xa sexa porque adquiriches unha nova vivenda baleira ou porque a que tes require adaptarse a novas circunstancias vitais, un proxecto de interiorismo integral multiplica as potencialidades dunha vivenda para converterse nun fogar.
- Pensado para dar a forma definitiva ao lugar ao que voltar cada día.
- Para proxectos que requiran cambios de distribución e obra maior.
- Estudio de distribución e decoración: cor, materiais e revestimentos, mobiliario, iluminación, atrezzo, etc.
- E entrégoche unha guía completa na que verás todos os detalles, sen dúbidas nin sorpresas.
Reformas parciais para vivendas
Prezo: en función da superficie.
Duración: 4-5 semanas.
-
Concepto creativo adaptado á túa casa e estilo de vida particular.
-
Comunicación directa coa túa interiorista, sen intermediarios.
-
Plantas, alzados e detalles.
-
Vistas en 3D con acabados fotorrealistas.
-
Shopping list.
-
Memoria descriptiva pormenorizada: mobiliario, mobiliario a medida, detalles de carpintaría, elementos de obra con detalle en infografías 3D, iluminación, disposición de elementos, etc.
-
Soporte ilimitado no tempo de duración da obra e reforma
-
Documentación necesaria para todos os gremios que interveñen na obra.
-
Permisos e licenzas de obra necesaria para todos os gremios que interveñen na obra.
-
Xestión de servizos de pintura, electricidade, albanelaría, carpintaría e fontanaría para montaxe e instalación.
-
Xestión de permisos municipais de obra
Comecemos
Non o demores máis. Consúltanos sen compromiso e obtén unha idea exacta do que podemos facer polo teu local e do orzamento adaptado ao teu caso.
Hai poucas cousas peores que estar a disgusto nun lugar. A boa noticia é que se pode solucionar.
Contactamos con Sabela para arranxar o frontal da cociña do noso local, que se vía moi feo. O que nos recomendou foi integrar esa parede co resto do local, adaptando o deseño ao comedor que xa existía e redeseñando a entrada do local. Foi a mellor decisión que puidemos tomar: unha obra áxil, con detalles simples que mudaron por completo todo o ambiente. Marchamos de viaxe uns días e ao voltarmos a reforma estaba terminada e o noso restaurante presentaba unha imaxe cun resultado excelente, sen sorpresas nin desfases no orzamento.

Traballar con Sabela é contratar compromiso, calidade y a seguridade de que vai coidar todos os detalles para que o proxecto quede exactamente como foi deseñado.
Se buscas unha profesional que se implique e cumpra os prazos de entrega, escolle Sabela”

Nunca tería imaxinado que o deseño puidese causar tantas impresións. Aínda que era escéptico, agora confirmo que un espazo ben deseñado que mostre o produto da forma que queres que o teu cliente o vexa capta mellor a atención que calquera outro. Puiden ver como cambia facer un proxecto, saber cal vai ser a finalidade e o resultado final cunha previsión que define ata o último detalle sen deixar nada ao azar. Quedei realmente satisfeito e gustoume moito a posta en escena. Foi o mellor, e a realidade superou a ficción das infografías.

Previous
Next