Salienta o teu produto ou servizo fronte ao resto de expositores cunha posta en escena que chama a atención e te destaca.
Nunha feira, aumentar a visibilidade do teu negocio é fundamental. Por que? Porque é o primeiro paso para establecer contactos coa clientela e outros profesionais. Asegurarte de que te vexan e te lembren é o noso traballo.
Estudo total desde cero, con investigación do teu negocio para mostrar a esencia dos teus produtos ou servizos de maneira óptima no espazo concentrado dunha feira / exposición.
Proxecto completo, desde o proxecto inicial á documentación final para a construción.
E entrégoche unha guía practica con pautas para xestionares a colocación e exposición de produto, textos orientados á venda segundo o sector, etc. (de balde, para ti)
Deseño de espazos efémeros
Prezo: en función da superficie do expositor e das condicións da feira. Duración: 4-5 semanas.
Concepto creativo adaptado á túa marca, produto ou servizo
Comunicación directa coa túa interiorista, sen intermediarios
Plantas, distibución, alzados e detalles de cada un dos elementos que interveñen no proxecto
Vistas en 3D con acabados fotorrealistas
Memoria descriptiva pormenorizada: mobiliario, mobiliario a medida, detalles de carpintaría, elementos de obra con detalle en infografías 3D, iluminación, disposición de elementos, etc.
Documentación necesaria para todos os gremios que interveñen na obra.
Soporte ilimitado no tempo de duración da obra e reforma
Xestión de servizos de pintura, electricidade, albanelaría, carpintaría e fontanaría para montaxe e instalación.
Permisos e licenzas de obra
Adaptación do logotipo e outros elementos da identidade gráfica ao stand e servizo de copywriting.
Estudamos a túa proposta de valor e dámoslle forma de stand para obter un espazo de alto impacto en feiras e exposicións.
Contactamos con Sabela para arranxar o frontal da cociña do noso local, que se vía moi feo. O que nos recomendou foi integrar esa parede co resto do local, adaptando o deseño ao comedor que xa existía e redeseñando a entrada do local. Foi a mellor decisión que puidemos tomar: unha obra áxil, con detalles simples que mudaron por completo todo o ambiente. Marchamos de viaxe uns días e ao voltarmos a reforma estaba terminada e o noso restaurante presentaba unha imaxe cun resultado excelente, sen sorpresas nin desfases no orzamento.
Traballar con Sabela é contratar compromiso, calidade y a seguridade de que vai coidar todos os detalles para que o proxecto quede exactamente como foi deseñado.
Se buscas unha profesional que se implique e cumpra os prazos de entrega, escolle Sabela”
Nunca tería imaxinado que o deseño puidese causar tantas impresións. Aínda que era escéptico, agora confirmo que un espazo ben deseñado que mostre o produto da forma que queres que o teu cliente o vexa capta mellor a atención que calquera outro. Puiden ver como cambia facer un proxecto, saber cal vai ser a finalidade e o resultado final cunha previsión que define ata o último detalle sen deixar nada ao azar. Quedei realmente satisfeito e gustoume moito a posta en escena. Foi o mellor, e a realidade superou a ficción das infografías.
Previous
Next
Neste sitio empregamos cookies para ofrecerche unha experiencia de navegación mellor e compilar datos anónimos de uso. Clicando "Acepto" consentes o uso das diferentes cookies.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
Asesoría gratuíta
Solicitar asesoría gratuíta
Decorazul
Ola, son Sabela. Escribe aquí a túa consulta e respondereiche de 9:00 a 19:00 h. En que podo axudarche?