Detrás da marca decorazul.
Cando botei a andar decorazul houbo varias persoas que me preguntaron por que non empregaba
simplemente o meu nome: Sabela Liñeira. Podía telo feito, porque o certo é que neste proxecto todo pasa
por min e a atención ás diferentes persoas e empresas coas que traballo é directa e persoal. Pero entre
un nome que me representase a min como persoa e outro que representase unha serie de ideas que son
claves para min, preferín a segunda opción.
Estas son as 9 vantaxes de pensar o interiorismo como estratexia gañadora

Propúxenme facer un exercicio de reflexión, para pór negro sobre branco cales son as verdadeiras vantaxes do interiorismo cando este é de verdade. É dicir, cando se pensan os espazos de maneira estratéxica, e non só en función da decoración e o efectismo.
Os 3 valores do deseño responsable: rendible, sustentable e xenuíno.

A globalización do deseño é un fenómeno presente en todo o mundo, e en multitude de aspectos. Na industria da moda, por exemplo, vehicúlase a través de tempadas e tendencias. E o deseño de interiores non é moi diferente, por desgraza.
Que non é unha interiorista?

Circula desde hai uns anos unha especie de mito sobre o interiorismo. Un mito que interpreta o deseño de espazos e o traballo das e dos interioristas como unha especie de actividade superflua. Case un capricho. Trátase dun mito cunhas raíces moi concretas, pero tan erradas como considerar que, ademais de superfluo, o interiorismo é caro e improdutivo. E agora imos explicar por que.