O interiorismo non é só cambiar o aspecto da túa marca;
é atraer máis clientes e facer que te lembren.
O interiorismo para negocios tense visto, tradicionalmente, como un gasto inútil que só persigue facer máis bonitos e agradables os espazos comerciais. Pero non é iso.
O interiorismo que aquí facemos persegue tres valores fundamentais: ser rendible, ser sustentable e ser xenuíno. A iso chamámolo interiorismo responsable. Porque funciona.
Levo 20 anos neste campo e aprendín que o interiorismo para negocios debe funcionar como un investimento. E, como tal, ten que ter un retorno. Incrementar a referencialidade dos negocios, gañar clientela e, sobre todo, facer que esa clientela recorde o negocio e volte unha e outra vez.
Dese modo, o investimento compensa. E se non é así, non me interesa.
Chegar á solución perfecta para un espazo non ten por que se caro. Ao contrario, pode facerche aforrar diñeiro, tanto nunha vivenda particular como, sobre todo, nun negocio. O investimento ten que ter un retorno. Se non, non serve de nada.
Un bo interiorismo non necesita elementos superfluos nin demasiados recursos. A miúdo podemos reutilizar o que temos, e, con pouco máis, respetando o que cada lugar é, conseguir definirnos, diferenciarnos e crear un estilo propio, cómodo e respectuoso co medio natural.
Os lugares onde facemos a nosa vida non son só espazos vacíos. Teñen características e historia propia. Un deseño xenuíno é o que se preocupa de respectar o seu ADN e se adapta a cada circunstancia. Para construir algo singular non é preciso destruilo todo, como se alí nunca tivese habido nada.
Cada día falo con empresas e marcas para desenvolver os seus negocios e axudalos a proxectar a imaxe que queren dar e que a súa clientela espera e busca. E por iso sei que podo axudarte tamén a ti.
Luciana Mikito Kaku é propietaria do restaurante de comida asiática Kyoto Santiago. Un sushi bar de referencia en Santiago de Compostela, onde vende unha das mellores elaboracións de sushi e gastronomía xaponesa que se poden encontrar.
Pero Luciana sabía que o seu negocio necesitaba un cambio. O que non tiña claro era como levalo a cabo. Así que se puxo en contacto comigo para que estudase o seu caso.
A grande vantaxe que tiña Luciana era ter claro que o interiorismo pode ser o mellor aliado dun negocio e que as profesionais deste campo temos as ferramentas para conseguir cambios reais e medibles.
O orzamento era moi limitado, pero suficiente. E isto foi o que decidimos facer:
O resultado foi o esperado. Un local compacto e unificado, funcional, que evoca referencias á arquitectura tradicional xaponesa e, sobre todo, que transfire todo o protagonismo ao produto estrela: o sushi.
En palabras da clienta:
O interiorismo rendible funciona para todo tipo de negocios,
pero debes ter en conta que cada un é diferente por eso o deseño debe ser personalizado:
Estes son, en resumo, os beneficios do tipo de interiorismo que che ofrezo:
O interiorismo non é un gasto. É un investimento que te fai destacar. Unha acción estratéxica que ten resultados medibles e verificables. E por iso todas as empresas que se preocupen do seu futuro deberían estar traballando este aspecto.
Imaxina todo o que perdes se non o fas.
Bonus Track. Ésto é o que inclúo no curso para mellorares o teu negocio e a súa visibilidade:
(Apúntate porque as prazas son limitadas. O curso impartirase a finais de maio / primeiros de xuño. Duración 1 xeira, mañan ou tarde)